O goberno municipal incluíu novamente entre os investimentos o acondicionamento dun local municipal para reubicar o arquivo municipal, a pesar do desacordo amosado por Alternativa e o resto da oposición nas comisións informativas.
Alternativa advertiu das trabas do proxecto: non existe un informe técnico que avale a inseguridade do actual arquivo, non hai garantía por parte da comunidade de propietarios do local municipal autorice a modificación e reforzo da estructura, nin certeza de que a obra sea viable. Xa que a proba de carga- que elevaría a resistencia do forxado 300 a 500 kg o metro cadrado- xrealizaríase a posteriori, o que podería implicar sobrecustos.
O executivo comprometeuse a que a reubicación do arquivo se considere “de reserva”, non prioritario nin vinculante, senón como un trámite para poder acceder ao total da inversión ao atoparse no límite do prazo da solicitude da axuda.
UXC presentou unha emenda para substituír o proxecto por outros sen realizar de convocatorias anteriores. A proposta foi rexeitada tras varios recesos do pleno ao confirmarse que as actuacións están en proceso de licitación, polo que incluílas podería supoñer a perda dos 1,5 millóns de euros. O que motivou o rexeitamento da mesma polo resto dos grupos.
Raúl Varela, voceiro do grupo, constataba que “A pesar de coñecer a inviabilidade da súa proposta, UXC mantivo o seu voto, rexeitando na práctica 1,5 millóns de euros de investimentos para Cambre. Unha oposición nada constructiva. ”
Finalmente, os investimentos aprobados son os seguintes:
- Mellora funcional do Paseo dos Templarios. Fase 1. 153.926,12 €
- Reforma integral praza Fernado Buesa. 437.937,47 €
- Mantemento de camiños municipais. 579.085,82 €
- Acondicionamento de local municipal con destino de arquivo municipal 333.462,13 €