Broche final para o Parque As Trece Rosas
O Concello de Oleiros adxudicou por 477.948,79 euros a obra coa que se finalizará o Parque As Trece Rosas. En concreto realizaranse as obras de adecuación da zona na que se atopaban as vivendas demolidas por estar fóra de ordenación urbanística e que ocupaban máis de 5.000 metros cadrados.
A actuación comezará nas próximas semanas e consistirá en axardinar todo o ámbito que ocupaban as construcións e recuperar medioambientalmente a zona. Para dispoñer de servizos para o mantemento do parque e inodoros públicos, vai adecuarse unha das vivendas na que se creará tamén un local de hostalería, que sairá a concesión pública e se adxudicará mediante concurso.