Bergondo reclama a falta de investimento da Xunta

Alternativa é crítica coa falta de asignación de fondos da Xunta de Galicia en materia de infraestructuras en Bergondo.

O Concello de Bergondo manifesta o descontento ante a pouca asignación de fondos autonómicos no municipio, é inaprazable que a Xunta de Galicia reforce os fondos destinado ao desenvolvemento e mellora das infraestructuras locais.

Un dos claros exemplos é no tramo da AC-164 que circula do Concello ata o polígono, que a pesar de ser unha vía de alto tránsito, con vivendas e empregada por ciclistas de xeito diario. Tras anos de demandas e de ter presentado un Plan Director para a instalación de beirarrúas ou sendas, dende a Xunta non se fixo ningún avance.

“Non só se presentou unha solicitude ao uso, senón que se complementou con un documento técnico e, aínda así, seguimos sen novidades da Xunta.” sinala Juan Fariñas, voceiro do grupo.

Comparte esta nova!