Bergondo presenta un orzamento en alza para o 2027

A próxima semana debatirase a aprobación do orzamento para o 2027 cun importe total de 11.400.939,93 euros.

O orzamento mellora a capacidade de investimento cun incremento de máis do 8% respecto ó ano pasado que permitirá aumentar o reparto entre as diferentes partidas.

Un dos puntos destacados son as expropiacións da senda fluvial do Río Maior e a adquisición dunha finca en Rois para ampliar o equipamento público.

Outra partida importante permitirá incluír diferentes obras do Plan Único de Concellos (POS+) da Deputación da Coruña actuacións como: a renovación da praza Guísamo e praza Cortiñán e a pavimentación con aglomerado asfáltico e zahorra en camiños das parroquias de Bergondo, Vixoi, Moruxo, Guisamo, Ouces, Cortiñán e Babio

Tamén se incúen actuacións na rede de abastecemento, destacando a renovación da tubería de baixada do depósito de Santa Marta e a colocación de sondas de calidade da auga na rede de abastecemento.

As iniciativas resultantes dos orzamentos participativos tamén serán incluídas.

O incremento orzamentario tamén se verá repercutido directamente nos diferentes programas de servizos sociais e na área sociocultural.

“Uns orzamentos que continúan a bater récord en Bergondo para seguir mellorando a atención, os servizos públicos municipais e as infraestructuras para a veciñanza.” matizan dende o grupo.

Comparte esta nova!