Bergondo planta cara á exclusión bancaria

Alternativa fai un chamamento á veciñanza e ao tecido empresarial do municipio para que respondan con firmeza ante o anuncio do peche da oficina situada no polígono industrial. 

O Concello de Bergondo promoveu no pleno de onte unha declaración institucionaldefendendo un rexeitamento unánime ao peche desta sucursal bancaria.

Os grupos da corporación coincidiron en que este é un novo paso para a “discriminación bancaria” que sofre Bergondo, un municipio que pasou de catro oficinas operativas a unha única sucursal, reducindo gravemente o acceso da veciñanza e das empresas a un servizo básico.

Alternativa considera que non se pode normalizar a retirada progresiva de servizos financeiros no rural e nos pequenos concellos, afectando directamente a multiples colectivos que obrigan a desprazarse incluso a outros Concellos. Neste sentido, considera lexítimo que a cidadanía revise a súa confianza nas entidades que abandonan o territorio.

Dende o Concello de Bergondo reclamarase tamén á administración central e autonómica a posta en marcha de medidas e marcos normativos que impidan esta tipo de situacións, garantindo o acceso efectivo da cidadanía aos servizos bancarios esenciais.

Comparte esta nova!