Bergondo ordena ao Arcebispado de Santiago a limpeza da maleza que cobre a vella reitoral de Guísamo e a parcela onde esta se localiza

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Juan Fariña non vai consentir que o Arcebispado se manteña nunha especie de limbo legal con respecto ás súas obrigas, debido  á presunta existencia de conversas para a cesión de uso ou venda da propiedade ao concello. Presuntas e inútiles negociacións (de máis dun lustro) dunha alcaldesa que manifesta unha incompetencia evidente e alarmante sobre o particular.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]A concellería de infraestruturas, urbanismo e medio ambiente que xestiona Juan Fariña (candidato de Alternativa dos Veciños á alcaldía) ven de emitir un requerimento dirixido ao Arcebispado de Santiago de Compostela para que limpe de maleza a parcela e a vella reitoral ruinosa de Guísamo. Como un propietario calquera o Arcebispado debe atender as súas obrigas de limpeza, prevención de incendios e ornato das súas propiedades. Non podería ser doutro xeito.

Por outra parte e en relación co manifestado pola mesma concellería semanas atrás, os servizos técnicos municipais están traballando nos informes necesarios para instar á Xunta de Galicia e ao Arcebispado de Santiago para que atendan de xeito apropiado, e fagan todo o preciso para o mantemento do antigo LIGAL de Bos e as casas rectorais de Guísamo e Cortiñán. Neste asunto Juan Fariña é contundente: “Por suposto que se abrirán expedientes á Xunta e á Igrexa. Por moito que á alcaldesa de Bergondo poña trabas ou obstáculos farei o que teña que facer e cumprirei coas miñas responsabilidades e obrigas. E ditos expedientes derivarán nas sancións que correspondan se tanto uns coma os outros continúan sen facer o que deben”. E engade: “No pleno de marzo a alcaldesa, diante da pregunta dun grupo da oposición, deixou caer a idea de que -con respecto á reitoral de Guísamo- non hai apuro e pódese agardar. Tamén negou que o Concello tivera intención de actuar contra os propietarios mencionados. Dá que pensar tanto a pregunta do grupo político en cuestión como a resposta da alcaldesa. Diríase incluso que puidera haber certa connivencia entre ambos para tentar desacreditarme diante do pleno. Non me sorprendería en absoluto, dada a tendencia que tanto uns coma os outros apuntan -cada vez con menor disimulo- cara a posibles pactos de goberno tras as eleccións do 28 de maio”.

En resumen, tanto Juan Fariña como Alternativa dos Veciños de Bergondo cumprirán coas súas obrigas, por moitos obstáculos que se lles presenten. E lanzan unha advertencia aos inmobilistas e os seus posibles colaboradores; máis aló de tentar prexudicar a Alternativa os grandes prexudicados son os veciños e as veciñas, neste caso de Guísamo.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!