“Bergondo, naturalmente: guía para coñecer o noso concello”

A publicación chegará a todos os fogares do municipio. E tamén estará dispoñible en formato impreso nos principais puntos de información turística do concello, asi como en formanto dixital na páxina web municipal.


O Concello de Bergondo vén de editar esta guía que, cun enfoque moi visual recolle toda a información sobre o patrimonio natural, histórico e artístico do municipio. Co obxectivo de dar a coñecer todos os recursos de Bergondo tanto á veciñanza como a visitantes.

A Concelleira de Alternativa ao cargo da Área de Turismo, Pilar Barja, e a alcaldesa foron as encargadas de presentar a publicación no Mosteiro de San Salvador, aproveitando o acto para divulgar e poñer en valor o 900 aniversario deste emblemático monumento.

Comparte esta nova!