O proxecto contou cun investimento próximo aos 470.000 euros, con cofinanciamento a través do Plan Único da Deputación da Coruña, no caso de Miodelo e San Fiz e case 43.000 euros de fondos municipais en Pisón.
As actuacións entre Miodelo e San Fiz incluíron a execución de pasos peonís seguros, melloras na drenaxe de augas pluviais, acondicionamento das marxes da estrada, renovación de pavimentos e sinalización, así como a instalación de medidas reductoras de velocidade.
No caso de Pisón ademáis do paso seguro, tamén se mellorou a rede de pluviales para evitar a problemática na época de choivas.
Alternativa continúa impulsando os seus compromisos e valora a imortancia da actuación neste tramo de gran transito diario no municipio.