Bergondo logra outra subvención de máis dun millón de euros para renovar o alumeado público
O Goberno municipal conseguiu que o Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía (IDAE) conceda ao Concello de Bergondo unha subvención de 1.197.384,54 de euros para realizar a segunda fase da renovación do alumeado público do municipio. O proxecto, que estará cofinanciado con fondos do Concello, ascende a 1.496.730,68 de euros
Con esta actuación van substituírse 1.200 puntos de luz por novas luminarias LED, que supoñen un importante aforro enerxético e reducen a contaminación lumínica. “Coa execución deste proxecto e o anterior, xa contratado, practicamente alcanzaremos o 100 por cen do alumeado público de Bergondo. O cal nos permitirá lograr un aforro futuro na factura da luz nunca visto, ademais de iluminar o noso concello de maneira plenamente axeitada”, comentou o concelleiro de infraestruturas, urbanismo e medio ambiente Juan Fariña.