Bergondo celebra o centenario de Viqueira

O próximo ano e o seguinte recibirán homenaxes Florencio Vaamonda, Filomena Dato e Pérez Lugín

Este 2024 será o ano adicado á gran figura bergondesa e galega que foi Xoán Vicente Viqueira. Neste 2024 cúmprense o centésimo cabodano do seu pasamento. Foi Viqueira —durante o pouco tempo que lle permitiu a súa curta vida— faro de cultura e pensamento, faro a alumear dende a Quinta Cortón de Vixoi. 

Recentemente un grupo político da oposición, moi dado á lectura (recomendable) do noso programa electoral, descubriu a efeméride que se achegaba e presentou ao pleno a iniciativa presuntamente orixinal dun ano Viqueira.

Nun acordo dos catro grupos da corporación (por certo, dos máis doados que se lembran recentemente) aprobouse un acordo institucional para declarar tamén os anos 2025 e 2026 como anos adicados aos poetas e escritores Florencio Vaamonde e Filomena Dato / Alejandro Pérez Lugín, xa que neses anos tamén se cumpren os cen anos dos seus falecementos. 

Comparte esta nova!