Alternativa de Sada demanda beirarrúas en Veigue
Alternativa dos Veciños de Sada comunicou en varias ocasións ao Concello a necesidade de axilizar coa máxima urxencia os trámites necesarios para que a Xunta de Galicia poida acometer estas obras. É unha das grandes demandas da veciñanza da zona para mellorar a seguridade viaria.
Os veciños e veciñas de Veigue levan anos solicitando o tramo de beirarrúas que falta na estrada xeral que une Veigue con Sada, a AC-163. Trátase dunha zona con moito tránsito de coches, ciclistas e peóns, o que a fai moi perigosa debido a que, a miúdo, as herbas invaden a estrada impedindo que os peóns nin poidan meterse nas cunetas e teñan que andar pola calzada, co elevado risco de atropelos que iso supón.