BERGONDO BEIRARRÚAS

Alternativa dos Veciños reafirma a necesidade de construír as beirarrúas en Vixoi

Alternativa dos Veciños de Bergondo manterá o seu compromiso coa obra de senda peonil e saneamento acordada pola Deputación da Coruña e Concello de Bergondo.

“Para nós e para a inmensa maioría de veciños da parroquia de Vixoi esta é unha obra fundamental para mellorar a seguridade viaria. Loitaremos para que non sufra retrasos inxustificados, moito menos aínda motivados pola actitude obstrucionista dalgunhas persoas”, afirmou o noso candidato á alcaldía, Juan Fariña.

Un dos obxectivos de Alternativa para a vindeira lexislatura é incrementar os quilómetros de sendas e beirarrúas por todo o concello. “Está ben e é necesario reparar beirarrúas deterioradas pero igualmente importante é poder estender a rede destas infraestruturas a máis lugares”, comentou Juan Fariña.

Novas relacionadas