Por qué Bastiagueiro é a única praia galega que ten Bandeira Azul desde hai 40 anos e de xeito consecutivo? Porque Alternativa xa estaba ahí en 1987, cando un grupo de persoas inquedas pola defensa do medio natural empezou a observar que praias reunían boas condicións para ser utilizadas polas persoas. E así foi: sete areais da península —seis do Mediterráneo valenciano e a praia de Oleiros— reciben hoxe a honra de ser pioneiras en ofrecer á cidadanía as praias de maior calidade.
Así o reafirmaron o alcalde Ángel García Seoane e o presidente da Asociación de Educación Ambiental (ADEAC), José Palacios no izado da bandeira dos 40 anos no paseo de Bastiagueiro, á vista dos numerosos bañistas que xa gozaban do areal un día laborable de mediados de xuño. Boa parte do goberno municipal arropuou ao alcalde neste emotivo acto de recoñecemento a unha traxectoria impecable no coidado das praias do municipio.
Bastiagueiro sempre foi unha praia de encanto especial, entre as moi boas praias que ten Oleiros. É unha praia aberta ao mar, cun entorno cuidadísimo despois de todo o que se fixo por ir recuperando o espazo público do arredor. “Ademáis é un campus de deporte grazas á existencia do INEF, próximamente abriremos A Colmea, o gran auditorio de Oleiros e ademáis pola tarde pode haber ata 200 rapaces e rapazas practicando surf”, dixo García Seoane: “Temos unha situación privilexiada pola natureza pero soubemos conservala”.
A motivación principal da ADEAC sempre foi a proteción da contorna natural, pero tamén coa proteción da vida humana, polo que a solidez dos equipos humanos de salvamento é fundamental. Ademáis —dixo Palacios— é unha praia que ten algas, algo moi importante para o nivel ambiental da auga.

