[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O Concello de Oleiros destina 96.500 euros para subvencionar o alumnado que usa o comedor escolar
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O Concello de Oleiros concedeu subvencións municipais destinadas aos alumnos e alumnas dos centros de ensino público que utilizan os comedores escolares xestionados polas ANPA. En total repartiranse 36.500 euros entre 69 nenas e nenos, en función da renda per cápita de cada familia.
O obxectivo destas axudas é permitir que as familias con menos recursos económicos teñan máis doado compatibilizar horarios laborais cos escolares, mediante o acceso dos nenos e nenas aos comedores das escolas. Desta maneira asegúrase unha axeitada atención e alimentación dos menores, mentres os pais e nais desenvolven os seus traballos.
Ademais destas subvencións, o Goberno municipal destina máis de 60.000 euros anuais para os gastos de comedor dos e das menores en situación de vulnerabilidade. Grazas aos convenios asinados coas ANPA, que xestionan os comedores escolares nos centros públicos de ensino de Oleiros e que actúan como entidades colaboradoras, o Concello asume o 95% ou o 100% do gasto do comedor escolar daqueles nenos e nenas con familias nunha situación de vulnerabilidade.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]