Mera e Santa Cruz estarán máis perto pola costa, xa que, prácticamente en paralelo á Avenida do Mar decorre o treito entre Naval e Canide que agora se expropia para convertir en senda peonil.
O proxecto técnico da senda litoral de 2,5 km supera en conxunto os 2,8 millóns de euros, dos que cuarto de millón dedícase a expropiacións. Así o manifestou o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, no momento de anunciar a súa presentación ao Pleno Municipal.
É un paso máis para facer practicable ese treito costeiro que percorre a parroquia de Dorneda e supón un itinerario alternativo, ciclopeonil, entre Mera e Santa Cruz. Deste xeito, prácticamente toda a costa municipal se convertirá nun itinerario camiñable.
A aprobación no Pleno supuxo o inicio do expediente necesario para a realización desta importante infraestrutura pública.
PP, PSOE e BNG, sen rumbo
O voto de PP, PSOE e BNG, que non apoiaron a iniciativa, non impide levar adiante esta potente decisión política da Alternativa. Opoñerse a construir esta infraestrutura ciclopeatonal de elevado interés paisaxístico e ambiental retrata a uns partidos da oposición contrarios, unha vez máis, aos intereses da veciñanza de Oleiros e ao desenvolvemento sustentable do territorio municipal.