As actuacións previstas inclúen o escarificado e reparación das zonas que se atopan máis deterioradas, así como a renovación do aglomerado en todo o firme da estrada.
A actuación permitirá mellorar notablemente as condicións de circulación e seguridade viaria nesta zona do municipio.
Desde Alternativa dos Veciños valorase positivamente este paso adiante da Xunta de Galicia, destacando que calquera investimento doutra administración ao Concello de Bergondo é sempre ben recibida.
O voceiro, Juan Fariña, subliña que o grupo non mantén dependencias, nin vínculos que o aten a siglas estatais ou autonómicas, como lle sucede a PP, PSOE ou BNG, o único compromiso é coa veciñanza. Por iso, agradecer as actuacións que benefician ao municipio, ao tempo que seguirá esixindo investimentos e actuacións necesarias a todas as administracións competentes.