A actuación chega tras máis de seis anos de trámites administrativos e denuncias veciñais, tanto por parte do Concello, como de Alternativa dos Veciños, que levou esta demanda ao pleno da Deputación.
Durante este tempo o proxecto atopouse con dificultades xudiciais, problemas con Patrimonio que daba amparo ao individuo privado que non deixaba ampliar a carretera.
E neste caso, a constancia impulsou esta obra que vai ser moito máis ampla: terá un percorrido de 250 metros cun paso superior sobre a vía do ferrocarril, así como o ensanchamento na zona de Villa Julia. Por tanto, vai ser un proxecto ben feito.
Celebrar que a Deputación aposte polo Concello de Bergondo, despois de tanta espera a veciñanza vaise ver compracida en condicións.
