Alternativa dos Veciños vimos de solicitar que se convoque de forma urxente o Consello Municipal de Saúde por parte do Goberno Municipal e se nos dé as oportunas explicacións do que está a suceder tras as últimas novas recibidas.
Tras poder leer diferentes novas nos xornais da nosa comarca respecto ao Consultorio de O Hio, Alternativa solicitou acceso ao expedente, xa que por parte do Goberno Municipal non se nos informou de nada sobre dito tema, nin da comunicación recibida polo Sergas.
Puidemos comprobar que o Sergas enviou un oficio o 11.10.2024 e a Alcaldía a recolleu o día 14.10, oficio que rezaba así:
“Visto o escrito remitido pola Área Sanitaria de Vigo do 4 de outubro de 2024, polo que comunican o peche do Consultorio de Hío, sito na rúa Unión, 1, no Concello de Cangas, dado que dende a situación pandémica do 2020 concentrouse a atención no Centro de Saúde Casa do Mar de Aldán xa que o consultorio non dispoñía das garantías necesarias para prestar unha asistencia acorde ás esixencias indicadas polo Ministerio de Sanidade.
Por todo isto comunícolle que o referido inmoble queda a disposición dese Concello por ser de titularidade municipal, podendo dispor del como mellor conveña aos seus intereses, cesando a súa obriga de destinalo a fins sanitarios.
Para a entrega das chaves terá que pórse en contacto coa xerencia da Área Sanitaria de Vigo.”
Dita nova a traslada a Alcaldesa un mes máis tarde aos colectivos do Hio e nin tan siquera hoxe ao resto da corporación.
Tamén según información dos veciños, a Alcaldesa indica que enviarán un escrito ao Sergas realizado polo equipo xurídico do Concello, escrito que podemos confirmar que non foi remitido a día de hoxe a ningures.
Temos que recordar que no único Consello de Sanidade realizado alá polo mes de xuño acordouse, mediante proposta de Alternativa, que se pediría reunión so Conselleiro de Sanidade coa presenza de todos os representantes políticos da corporación municipal, xa que era moi importante acordar con él os pasos a dar tanto na Infraestructura Sanitaria da Rúa como o que iba a pasar co Consultorio do O Hío.
Confirmando esta semana polo propio Conselleiro que o Goberno Municipal de Cangas non se preocupou no que vai de mandato de pedir unha reunión con él e que nin tan siquera lle fixeron chegar a proposta de modificación puntual donde “supostamente” está incluida os terreos para a infraestructura sanitaria para que o Sergas puidera comprobar si se axustaba as características que debería ter o terreo para albergar dita infraestructura.
O que nos deixa claro, que o Goberno non ten intención nin de respetar o acordo do Consello de Sanidade nin de cumplir coa petición da veciñanza, nin loitar desde o posto que lles corresponde pola sanidade da veciñanza de Cangas.
Todo este sin sentido por parte do Goberno nos parece un verdadeiro despropósito, pois si xa lle parece traballoso facer unha simple petición de reunión ou respostar ao escrito do Sergas. Como para facer un real traballo de xestión.
Por elo solicitamos que se convoque o consello municipal de saúde de forma urxente para que se nos dean as explicacións pertinentes e acordas as actuacións urxentes que deberíamos levar a cabo para que o consultorio de O Hio non se peche definitivamente e deixe illadas as persoas con máis dificultade de mobilidade do noso pobo.