[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Autónomos e microempresas de Oleiros poderán optar a subvencións para paliar a crise da COVID-19
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Nos próximos días abrirase o prazo de solicitude de subvencións para persoas profesionais autónomas e microempresas que visen afectada a súa actividade como consecuencia da pandemia da COVID-19. Este programa ten por obxectivo principal mitigar os efectos negativos que están sufrindo estes profesionais e tratar así de garantir a continuidade e viabilidade económica da súa actividade, contribuíndo a xeración de emprego.
En total repartiranse 585.000 euros, dos que o Concello de Oleiros aporta 117.000 euros e a Deputación da Coruña a cantidade restante. A contía das axudas vai desde os 1.500 ata os 3.000 euros, dependendo das circunstancias de cada empresa e do número de traballadores afectados.
Poderán optar ás subvencións todas as persoas traballadoras autónomas con ou sen traballadores ao seu cargo e microempresas que teñan o seu domicilio fiscal en Oleiros e que se atopen nalgún dos supostos indicados a continuación:
– Que se visen afectados polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma e a súa modificación aprobada no RD 465/22020, do 17 de marzo.
– Que non se visen afectados polo peche, pero cuxa facturación no 2º trimestre fiscal de 2020 se vira reducida polo menos nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior ao estado de alarma.
– Que se visen na obriga de acollerse a un ERTE (Expedente de Regulación Temporal de Emprego
Está previsto que o prazo de presentación de solicitudes se realice entre os días 10 e 25 de novembro, a través da Sede Electrónica do Concello. Para obter máis información, as persoas interesadas poden contactar co Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo nos Regos mediante os teléfonos 981610319 e 981631706.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]