Augas de Galicia require ao Concello de Arteixo que subsane as verteduras á Ría de Barrañán

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Augas de Galicia require ao Concello de Arteixo que subsane as verteduras á Ría de Barrañán

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

En relación ás denuncias realizadas por Alternativa dos Veciños de Arteixo polas verteduras de augas residuais na Ría de Barrañán, Augas de Galicia require ao Concello información sobre as condicións da Ordenanza Municipal para que se proceda á conexión coa rede de sumidoiros das vivendas que están a verter á ría. Tamén se lle ordena ao Concello de Arteixo que informe sobre a situación na que se atopa a rede de saneamento da zona.

Atendendo as múltiples denuncias recibidas por parte de veciños e veciñas da zona de Barrañán e de Chamín, a principios do mes de abril Alternativa contratou unha análise microbiolóxica para comunicar a Augas de Galicia a existencia dunha vertedura de augas residuais na Ría de Barrañán. Un informe analítico que confirmou a presenza de Enterococos, Coliformes fecales e Escherichia coli.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!