Augas de Galicia recoñece a existencia das verteduras de fecais na Ría de Barrañán

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Augas de Galicia recoñece a existencia das verteduras de fecais na Ría de Barrañán

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo recibiu onte a chamada de Augas de Galicia para informarlle que se realizaron novos estudos que corroboraron a existencia de fecais no punto que denunciara Alternativa dos Veciños e, que están a elaborar o informe pertinente para informar e obrigar ao Concello de Arteixo a solucionar este grave problema que ten a ría contaminada. Alternativa dos Veciños contratara unha análise microbiolóxico a principios de abril para denunciar ante Augas de Galicia as verteduras de fecais á Ría de Barrañán.

Atendendo a que pasara máis dun mes desde que se enviara o informe de laboratorio a Augas de Galicia e, que aínda seguían sen actuar e sen obrigar ao Concello de Arteixo a poñer solución a estas verteduras de augas residuais que teñen contaminada a Ría de Barrañán, Alternativa decidiu realizar unha concentración o pasado 22 de maio na estrada DP-0514 ao seu paso por Barrañán, para denunciar as verteduras de fecais na Ría de Barrañán e a pasividade do Concello de Arteixo e de Augas de Galicia, que non obriga ao mesmo a solucionar este grave problema.

Casualmente, Alternativa dos Veciños recibía noticias de Augas de Galicia dous días antes da concentración convocada pola formación, xusto coincidindo coa publicación e difusión nos medios de comunicación da celebración da mesma, onde Augas de Galicia informaba que atendendo á denuncia presentada por Alternativa dos Veciños, tomaran a decisión de realizar outra analítica co fin de corroborar a posible contaminación, pero que o informe analítico non amosou indicios de contaminación de orixe fecal. Antes isto, Alternativa volveu facer público que o informe analítico contratado por Alternativa dos Veciños foi entregado a Augas de Galicia e que tamén era público, pero que da suposta análise e informe de Augas de Galicia nada se sabia. Que isto era unha falta de respecto por parte da Xunta de Galicia cara á veciñanza de Arteixo e tamén cara aos miles de visitantes que veñen cada ano á praia de Barrañán e, que a Xunta de Galicia non podía seguir mirando para outro lado, que debía actuar de inmediato para obrigar ao concello de Arteixo a emendar este grave problema de verteduras de fecais á Ría de Barrañán.

“A técnica de Augas de Galicia que nos chamou onte, recoñeceu que nun principio non realizaran o traballo como corresponde e pediunos desculpas por iso. Mesmo, indicounos que estivera no punto que indicamos na denuncia presentada e que puido observar como saían restos de materia fecal” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

“Cando Alternativa dos Veciños formula unha denuncia nunca se basea en suposicións, senón que se realiza primeiramente un traballo e preséntanse unhas probas que dan veracidade á mesma. É por iso, que nos alegramos de que Augas de Galicia rectificase e realizase o traballo que lle corresponde.

Esperamos que se solucione este grave problema dunha vez por todas, xa que provoca que a Ría de Barrañán estea contaminada” matiza Juanfran Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!