Audasa intenta frear a conexión da Vía Ártabra coa AP-9
Alternativa dos Veciños lamenta que a inexistencia dun informe de Audasa teña paralizada a contratación das obras de conexión da vía Ártabra coa Autopista do Atlántico.
A Xunta de Galicia dispón de 4 millóns de euros para iniciar a obra este mesmo ano pero para realizar a licitación precisa un informe da empresa concesionaria da AP-9, que pasa polo Ministerio de Fomento.
A pesar diso, a Consellería de Infraestruturas xa publicou o anuncio previo á licitación no Diario Oficial da Unión Europea. Cambre precisa de viais no seu itinerario para desenvolver novos núcleos de poboación. A vía Ártabra é imprescindible para ese futuro. Opoñerse á súa construción é hipotecar Cambre e os seus cidadáns.
A ampliación e mellora das vías provinciais ou a creación de rotondas como a da Rocha ou outras, que levan anos de retraso, son necesarias para o crecemento do municipio.