‘Atópao en Oleiros’, un xeito de promover a economía circular

Mercar no noso concello axúdanos a vivir mellor

Consumir en proximidade vai moito máis aló dun deber cidadán relacionado coa comodidade, que tamén. Ten un profundo sentido económico e de economía circular: parte de cada euro que a veciñanza inviste ou gasta no seu concello, repercute nos servizos públicos locais, equipamentos, promoción cultural, educativa ou de ocio.

Iso pensou o goberno municipal da Alternativa cando editou a guía ‘Atópao en Oleiros’, que estes días comeza a repartirse entre os domicilios do municipio, xa que todas as casas deberán ter esta guía para incorporar á súa vida diaria. Un xeito de promover os movementos económicos entre a veciñanza e as empresas que se ubican no concello.

É a segunda edición, que incorpora entradas relacionadas coa alimentación, animais, arquitectura, arte, asesorías, servizos asistenciais, audiovisuais, automóviles, axentes comerciais, beleza, centros de ocio e coworking, comercio, construción, deporte e adestramento, ensino, entidades bancarias, fotografía, hospedaxe, hostelaría, informática, inmobiliarias, inspeccións e servizos de control, lavanderías, limpeza, loterías, maquinaria, química, reparación, saúde, seguridade, seguros, traducións, transporte, viaxes, xardinería e xestión de residuos.

Comparte esta nova!