dorna

Asociacións culturais, veciñais e ANPAS teñen aberto o prazo de solicitude de subvencións na Deputación

Entidades culturais, ANPAS, asociacións veciñais, corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais teñen ata o día 6 de marzo para presentar as súas solicitudes para obter unha subvención da Deputación da Coruña para o ano 2020. Tamén hai un programa de axudas para iniciativas de igualdade e loita contra a violencia de xénero que pecha o prazo de presentación o 13 de marzo.

Para facilitar a tramitación destas subvencións e outras que puideran convocarse por parte da Deputación, Alternativa dos Veciños pon á disposición das entidades sen ánimo de lucro unha persoa na oficina que ten o grupo provincial no terceiro andar do edificio da Deputación da Coruña (avenida do Porto da Coruña, 2 – A Coruña). Tamén é posible contactar por teléfono a través do 981610000, ou por correo electrónico en info@alternativadosvecinos.org.

Novas relacionadas