O asociacionismo cambrés destaca na comarca
Desde Alternativa queremos aplaudir o gran traballo e mostra de solidariedade dos clubs deportivos e asociacións coas campañas de recollida de alimentos para a despensa municipal que están a organizar. O asociacionismo está a unir á veciñanza e ás súas persoas asociadas á colaboración. Tras a chamada desde o Concello apuntando a certa escasez de determinados produtos, a resposta das entidades está a ser moi rápida, co nexo común de axudar e tamén sumando a implicación dos comercios locais.
Na Xunta de Voceiros, do pasado 30 de abril, desde o Goberno municipal apuntaron que a despensa municipal está “totalmente servida”. E nas declaracións aos medios non se confirmou que desde o Concello se colabore co servizo.
Ante isto, desde Alternativa dos Veciños solicitamos información sobre cal está a ser o papel do Concello na provisión e na xestión da despensa municipal. Pensamos que ante a actual situación o Concello debería de colaborar o máximo posible.