Asinado o convenio entre Deputación e Concello para a creación dun albergue xuvenil na Finca Tenreiro

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello procederá a contratación inmediata das obras por importe de 457.000 euros

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de Oleiros para a realización das obras de creación dun albergue xuvenil na Finca Tenreiro, en San Pedro de Nós. A Deputación aportará 300.000 euros e o Concello 157.000 para rematar a rehabilitación definitiva do edificio principal deste gran parque público de 32.496 metros.

As obras comezarán no primeiro trimestre do 2023 e permitirán a creación de vestiarios, cociña, comedor e dormitorios, instalación de calefacción e ascensor, mellora de accesos para garantir a accesibilidade a todas as persoas,… Así, o edificio será destinado a albergue para a realización de campamentos e diversas actividades infantís e xuvenís.

Todos os edificios relevantes e históricos de Oleiros foron protexidos urbanisticamente por Alternativa dos Veciños a través do Plan Xeral, mediante o que se catalogaron numerosos inmobles para garantir a súa conservación ante o seu elevado valor patrimonial. Dada a importancia que Alternativa lle outorga á historia e á arquitectura foise máis alá desa protección, procedendo a restaurar e incorporar ao patrimonio público municipal 19 deses edificios que eran propiedade privada: Castelo de Santa Cruz, Pazo de Lóngora, A Fábrica, Pazo de Juana de Vega, Pazo de Arenaza, Casa García de Dios, Villa Rialeda, Torres de Santa Cruz, Villa Echeverry, Casa Labarta, Casa do fareiro de Mera, Casa Charry, Casa do Arxentino, ruínas do Pazo Ibarrola, Casa de Agramar, Torreón Bescansa, Convento dos Camilos, Castro de Xaz e Finca Tenreiro. Mediante un arduo traballo de xestión, adquiríronse a través de diversas fórmulas os inmobles máis singulares do municipio, que hoxe son do Concello de Oleiros e que foron restaurados para que presten servizo aos cidadáns na actualidade.

Ademais, malia ser propiedades da Igrexa, o Concello tamén costeou integramente a reconstrución pedra a pedra da Igrexa de Dexo; a rehabilitación da Capela de Santa Ana; e cofinanciou a recuperación da Igrexa de Liáns e toda a súa contorna.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!