Asembleas abertas para elixir máis candidatos, o luns en Liáns e o mércores en Perillo

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Asembleas abertas para elixir máis candidatos, o luns en Liáns e o mércores en Perillo

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A vindeira semana celebraranse en Liáns e en Perillo dúas novas asembleas electorais abertas para elixir candidatos para as próximas eleccións municipais. O luns 28 de novembro, ás 20 horas nas Torres, será a elección dos veciños de Santa Cruz e Montrove. O mércores 30, tamén ás 20 horas, celebrarase a asemblea de Perillo na Casa da Cultura.

Estas dúas asembleas, nas que igual que en todas as anteriores calquera veciño ou veciña pode presentarse, serán as últimas citas para escoller ás persoas que formarán a candidatura nas eleccións municipais de maio. Nas xa realizadas saíron elixidos Rosa Méndez, Igor Pérez, María José Varela, José Manuel Caridad, Juan Fernández, Belén Taboada, Antonio Molinos, Óscar Brandariz, Marga Figueroa, Pablo Cibeira, Francisco Pita, Teresa Vázquez, César Meilán, David Garrido, Jaime Rumbo e Óscar Morlán.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!