Alternativa dos Veciños celebra unha asemblea xeral o venres nas Torres
O auditorio das Torres de Santa Cruz acolle este venres día 18 de xaneiro, ás 20:30 horas, unha asemblea xeral de Alternativa dos Veciños. Entre outros asuntos abordarase a celebración de eleccións primarias en Oleiros o vindeiro 2 de febreiro e presentaranse todos os candidatos que participarán nesa votación.
Na orde do día establecida para a asemblea do venres están incluídos outros asuntos. Entre eles atópanse os orzamentos municipais de Oleiros para o ano 2019, a campaña electoral en toda a comarca e a modificación de estatutos.