Asemblea xeral de Alternativa na Fábrica para refrendar a lista electoral de Oleiros

DSC_0018 (2) (1)

Alternativa dos Veciños ten convocada unha asemblea xeral para mañá venres, ás 8 da tarde, na Fábrica. O asunto principal a tratar será a aprobación da confección da lista electoral coas persoas que participaron no proceso de asembleas abertas celebrado en todas as localidades.

 

Tamén se van presentar no acto todos os candidatos e candidatas á alcaldía que presentará Alternativa dos Veciños nos distintos concellos nos que se presenta ás vindeiras eleccións municipais. Ademais, o acto servirá para analizar a actual situación política, así como as liñas xerais e principais accións da campaña electoral.

Novas relacionadas