Asemblea informativa cos veciños de Sol y Mar ante o corte de entradas a garaxes, o 7 de marzo

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Asemblea informativa cos veciños de Sol y Mar ante o corte de entradas a garaxes, o 7 de marzo

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello de Oleiros convocará a unha asemblea informativa a todos os veciños e veciñas que van sufrir cortes nos accesos aos seus garaxes ante o inicio das escavacións da obra do túnel de Sol y Mar. A reunión será o luns 7 de marzo, ás 19:30 horas no auditorio da Fábrica.

Ao longo dos vindeiros días notificaráselle a asemblea ás persoas afectadas, as que teñen acceso aos seus garaxes pola marxe dereita da avenida das Mariñas dirección A Coruña. Tal e como acordou hoxe o alcalde con responsables do Ministerio de Fomento e da empresa que realiza a obra, non se vai cortar ningunha entrada ata que se celebre a reunión do 7 de marzo. Nese encontro os veciños e veciñas serán informados dos prazos previstos para os cortes, así como da alternativa que terán para estacionar os seus vehículos mentres non poidan entrar aos seus garaxes. As obras avanzarán de 20 en 20 metros, desde marzo ata xuño, polo que non afectarán a todos os veciños e veciñas de maneira simultánea.

A outra man da estrada, os garaxes da marxe esquerda da avenida das Mariñas dirección A Coruña, non se cortarán nesta primeira fase. Todos eses veciños e veciñas tamén serán convocados a unha asemblea informativa, que se celebrará antes do inicio da segunda fase, que previsiblemente comezará no mes de xullo.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!