A asemblea de Perillo elixe a Ángel García Seoane, Sandra Fernández, Rocío López e Raúl Pichel para formar parte da candidatura

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A asemblea de Perillo elixe a Ángel García Seoane, Sandra Fernández, Rocío López e Raúl Pichel para formar parte da candidatura de Alternativa

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Máis dun cento de veciños e veciñas de Perillo participaron na asemblea celebrada na Casa da Cultura para escoller aos candidatos da localidade para a lista electoral de Alternativa dos Veciños. Presentáronse 6 persoas polo que para elixir aos 4 candidatos houbo que celebrar unha votación.

Resultaron elixidos Ángel García Seoane, Sandra Fernández, Rocío López e Raul Pichel; que obtiveron un maior apoio que Daniel Vázquez e Amy Díaz.

O secretario xeral, Felipe Louzán, e a representante local da executiva, Blanca de Ceanovivas, explicaron que coas persoas elixidas durante todo o proceso de asembleas confeccionarase a mellor lista posible, que será refrendada nunha asemblea xeral. Pola súa parte, o presidente Ángel García Seoane, resaltou a forza da Alternativa dos Veciños.

Ángel García Seoane (1952) é alcalde desde o ano 1983. Desde a pasada lexislatura tamén é deputado provincial, responsabilidades que xa desenvolveu entre o 1979 e o 1983. Preside Alternativa dos Veciños e leva vencellado ao movemento sindical, social e político desde neno.

Sandra Fernández Fernández (1972) forma parte da corporación municipal desde o 2011. Actualmente é concelleira delegada das áreas de Economía, Facenda e Contratación. Licenciada en Xeografía e Historia, colabora coa Asociación de Veciños A Ría e coa agrupación cultural Semente Nova.

Rocío López Campos (1991) é graduada en relacións laborais e recursos humanos. Participou desde nena no movemento social e veciñal do municipio e a día de hoxe é secretaria da Asociación de Veciños A Ría de Perillo. Tamén forma parte do Consello da Mocidade e no Consello do cambio climático.

Raúl Pichel Sánchez (1970) atesoura unha ampla traxectoria no ámbito do urbanismo. É arquitecto técnico.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!