Asemblea electoral aberta en Dorneda este xoves ás 20:30

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Dorneda elixe mañá os seus candidatos para as primarias nunha asemblea aberta a todos os veciños e veciñas

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños ten convocada para mañá xoves, ás 20:30 horas na Casa do pobo de Dorneda, unha asemblea aberta para escoller as tres persoas que representarán a localidade nas eleccións primarias do 2 de febreiro. Calquera persoa que o desexe pode presentar a súa candidatura e participar na votación. 

Estas asembleas repetiranse nas demais localidades do municipio para escoller un total de 27 persoas que participarán nas eleccións primarias de Alterantiva dos Veciños. En todas as asembleas elixiranse tres persoas candidatas, agás na de Perillo que serán 4 e na de Mera e Liáns que serán 5.

As próximas asembleas están programadas para as seguintes datas:

–        Dexo: luns 22 de outubro ás 20:30 horas na casa do pobo de Lorbé.

–        Nós: luns 29 de outubro ás 20:30 horas na casa do pobo.

–        Mera: xoves 8 de novembro ás 20:30 horas na casa do pobo.

–        Oleiros: xoves 15 de novembro ás 20:30 horas na Casa Charry.

–        Iñás: luns 26 de novembro ás 20:30 horas na casa do pobo.

–        Liáns: mércores 28 de novembro ás 20:30 horas nas Torres de Santa Cruz.

–        Perillo: venres 30 de novembro ás 20:30 horas na Casa da Cultura.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]

[infogram id=”eleccions-primarias-2019-1hnp27pd8r0y2gq?live”][/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!