A asemblea de Dexo elixe a Rosa Méndez e Igor Pérez para formar parte da candidatura

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A asemblea de Dexo elixe a Rosa Méndez e Igor Pérez para formar parte da candidatura de Alternativa

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Un cento de veciños e veciñas de Dexo participaron na asemblea celebrada na Casa do pobo para escoller aos candidatos da parroquia para a lista electoral de Alternativa dos Veciños. O representante local na executiva, José Manuel Díaz García, presentou á asemblea aos dous candidatos escollidos previamente pola comisión de seguimento da localidade Rosa María Méndez Gómez e Igor López Pan. Ademais presentouse na asemblea Cristina Santín.

Para elixir os 2 candidatos foi necesario ir a votación. Resultaron elixidos Rosa Méndez e Igor Pérez, que obtiveron máis votos que Cristina Santín.

O presidente Ángel García Seoane, destacou a importancia das vindeiras eleccións municipais para acadar unha nova maioría absoluta e avanzar na excelencia na prestación de servizos públicos, así como continuar presentes na Deputación para contribuír ao progreso de Oleiros e de toda a comarca.

Rosa María Méndez Gómez (Lorbé, 1970) é concelleira desde o ano 2011. Redeira de profesión, actualmente é a responsable de parques e xardíns do Concello de Oleiros.

Igor López Pan (Caracas, 1963) é técnico superior industrial. Foi durante tres anos o conserxe da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros e tamén colabora coa Banda municipal como cantante. Actualmente é asesor de Alternativa dos Veciños na Deputación da Coruña.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!