As queixas veciñais levan a solicitar unha revisión dos espellos de tráfico

Alternativa demandou ao goberno municipal a necesidade de revisar o estado dos espellos de tráfico, tras recibir varias queixas da veciñanza.

A situación afecta a diversos puntos onde o deterioro ou falta de visibilidade afecta á seguridade viaria en cruces e zonas que xa teñen escasa visibilidade.

O grupo sinalou diferentes localizacións reclamadas pola veciñanza, pero instou ao goberno á realización dunha revisión xeral dos espellos de tráfico.

Con esta iniciativa, Alternativa continúa co seu compromiso de impulsar propostas concretas orientadas a mellorar o día a día da veciñanza.

Comparte esta nova!