As propostas veciñais seguen chegando ao pleno da man de Alternativa

Alternativa invita a participar na próxima xuntanza veciñal que será no Local Social de Andeiro ás 20,30 horas.

Convócase este espazo para ofrecer á veciñanza un canle aberto e directo de comunicación que establecer diferentes vías de actuación para resolver as cuestións que preocupan á veciñanza.

Alternativa continúa a facer o seu percorrido polas parroquias xa que detecta escaseza de espazos para que a veciñanza participe. Sobre todo dada a persistente situación de crispación que se vive no municipio.

“É necesario que a veciñanza poida expresar as súas queixas, demandas e propostas. E unha das nosas funcións facelas chegar ao goberno local. Queremos fomentar a participación non só con actividades, tamén dende a escoita e o diálogo. ” matizan dende Alternativa.

Comparte esta nova!