As primeiras choivas crean unha piscina na remodelada praza do primeiro de maio
Na remodelada, cunha forte inversión, Praza Primeiro de Maio, na Barcala, os propietarios dos locais situados na mesma sufriron ante as primeiras choivas pasada unha inundación, que impediu nalgúns casos o acceso aos mesmos e noutros tiveron que frear a auga para evitar que entrara.
Alternativa dos Veciños non comprendemos como unha obra de recente reconstrución pode sufrir esta situación. Polo que presentamos ante o Concello os feitos para que se busquen solucións urxentes e que eviten que esta situación se repita.