[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
As obras da rúa do Souto e da Besta comezarán en marzo
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
A Deputación da Coruña adxudicou esta semana dúas importantes obras que se van realizar no Concello de Oleiros. Trátase da dotación de beirarrúas a toda a rúa do Souto e da finalización da mellora da estrada da Besta, que conecta o centro de Mera coa vía Ártabra.
“Despois de moito tempo machacando na Deputación por fin se adxudicou a obra de mellora da estrada da Besta, que estaba pendente porque houbera que botar fóra á empresa por incumprir o contrato que tiña e por fin vai poder reiniciarse. Tamén se adxudicou esta semana a obra da rúa do Souto, en Santa Cruz, pola que tamén loitamos na Deputación. Vaise dotar de beirarrúas a toda esta rúa e penso que quedará impecable”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.
Estas dúas obras suman un custo total de 1.013.463 euros. Está previsto que comecen no mes de marzo.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]