Cambre, 28 de setembro de 2021. – As trombas de auga das últimas semanas parece que tamén afectaron ás instalacións da Biblioteca Xabier P. Docampo e na Central de Cambre (esta última a un ano da súa apertura) que sufriron fortes goteiras.
Alternativa traslada a súa preocupación por este incidente e os posibles danos que se causaron. Esixe explicacións sobre os posibles danos ocasionados así como polas actuacións realizadas dende o Concello de Cambre para dar solución ao asunto e evitar que a situación se volva repetir.
“Son varios os puntos do municipio que se viron afectados en maior ou menor maneira polas trombas de auga e algúns quizás poderían terse evitado” afirma Raúl Varela, voceiro de Alternativa de Cambre.