Un interesante proxecto que relaciona a lectura e a ciencia ven de recibir un premio da Xunta de Galicia á innovación bibliotecaria na categoría de concellos de máis de 10.000 habitantes. “Ler para saber: a ciencia” é o nome do proxecto que ten lugar na Biblioteca Central Rialeda baixo a organización municipal en colaboración co CEIP Valle Inclán.
A profesora Fina Mosquera é quen dirixe os eventos, que constan de charlas e obradoiros de divulgación científica para persoas maiores de 10 anos, coa idea de que os relatos dos participantes utilicen unha linguaxe e nivel conceptual adecuados para que flúa o coñecemento de maneira eficaz e interesante.
No proxecto implícase, ademáis dos poñentes, que o fan de xeito altruista e voluntario, implícanse tanto profesorado como alumnado e pais e nais do Valle Inclán, así como persoas vencelladas á Universidade da Coruña e a educación secundaria. Participan profesionais da enxeñaría, da ciencia de misións planetarias, medicina, arquitectura, a nutrición, a profesión veterinaria, informáticas, bióloxía, así como persoas de diversas asociacións como Greenpeace, Asociación Micolóxica Coruñesa, ou persoal técnico dos Museos Científicos Coruñeses.