As asociacións xa poden solicitar subvencións á Deputación

O organismo provincial publicou as convocatorias para actividades en 2025 de entidades sen ánimo de lucro

O prazo de solicitude abrangue desde o 15 de novembro ata o 16 de decembro de 2024 ás 14:00 horas. A solicitude farase de forma telemática a través da plataforma SUBTEL.

A Deputación Provincial da Coruña sacou varios programas de subvencións para entidades sen ánimo de lucro: corais polifónicas, bandas de música e baile tradicional galego, clubs deportivos, mantemento de programas sociosanitarios, mantemento de programas e servizos en materia de servizos sociais e centros sociais,  mantemento de programas en políticas de xénero, confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras/es, agrupacións de  voluntarios de Protección Civil… 

O pasado 13 e 14 de novembro foron publicados os extractos das convocatorias no Boletín Oficial da Provincia. A tramitación das solicitudes farase vía plataforma telemática SUBTEL, accesible desde a sede electrónica da Deputación da Coruña. 

Desde Alternativa dos Veciños aléntase a calquera entidade sen ánimo de lucro a que consulte as bases das subvencións e faga as solicitudes oportunas tanto para o desenvolvemento de actividades no vindeiro 2025 como para a adquisición de materiais, equipamento ou infraestruturas e inversión cultural.

Calquera dúbida ou cuestión poderán dirixirse ao correo electrónico comunicacion@alternativadosvecinos.org

Comparte esta nova!