A proposta de trasladar o Parque comarcal de bombeiros a Morás tiña que terse realizado polo alcalde de Arteixo antes de tomar a decisión de vender a parcela que ocupa o actual parque en Sabón, non despois.
Desde a Deputación e Consorcio de Bombeiros se presentaron as correspondentes denuncias nos tribunais por posible prevaricación do alcalde de Arteixo, por desoír e non paralizar a venda da parcela.
Na Deputación foi Alternativa dos Veciños quen nos plenos alzou a voz para denunciar tamaña tropelía. Coa nova proposta de convenio, redactada polo Concello de Arteixo, preténdese que o Consorcio retire as denuncias presentadas nos tribunais para evitar que se emitan fallos posiblemente moi prexudiciais para o alcalde.
Non se pode actuar sen ter en conta as graves irregularidades cometidas con prepotencia e desprezo cara os que discrepaban e esixían o cumprimento da legalidade.