Alternativa de Arteixo solicita o arranxo do tramo de estrada que enlaza o Porto de Sorrizo coa Rúa das Lobas

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo solicita o arranxo do tramo de estrada que enlaza o Porto de Sorrizo coa Rúa das Lobas

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de solicita o arranxo do tramo de estrada que comunica Sorrizo con Chamín, que vai desde o Porto de Sorrizo ata a Rúa das Lobas en Chamín e que ten saída á estrada provincial DP-0514.

Alternativa dos Veciños volve solicitar melloras en vías municipais que transcorren polas parroquias de Sorrizo e Chamín, xa que coa decisión do Goberno Municipal de converter en peonil o tramo de estrada que enlaza a Praia do Reiro e o Porto de Sorrizo e o mal estado no que se atopan as demais vías municipais que dan acceso á parroquia de Sorrizo, os veciños e veciñas que teñen que circulan a diario por estas estradas expóñense ao risco de sufrir accidentes e tamén de esnaquizar os seus vehículos.

“O alcalde prometeu fai máis de tres meses nunha reunión mantida con veciños das parroquias de Sorrizo e Chamín, que este tramo de estrada seria arranxado de inmediato, xa que xa se realizaron todas as xestións necesarias. Pero, como se pode comprobar, esta vía segue no mesmo estado e non hai ningunha previsión de que se vaia a arranxar a curto prazo” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

“Mentres o Goberno Municipal do Partido Popular continua mentindo, enganando e unicamente centrado en atender aos intereses duns cantos empresarios ligados á súa formación, os veciños e veciñas de Arteixo seguen sufrindo as consecuencias provocadas por unha desastrosa xestión” matiza Juanfran Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!