Arafat entra no nomenclátor de Oleiros cunha rúa en Santa Cruz

Unha homenaxe a quen máis fixo pola paz no Oriente Próximo

Yasser Arafat pasa a formar parte do rueiro de Oleiros. Será en Coruxo, Santa Cruz. Así o propuxo o goberno municipal da Alternativa dos Veciños e aprobou o pleno municipal.

Esta rúa fai parte da homenaxe do pobo de Oleiros a unha das rexións máis castigadas do mundo. Xa por iniciativa veciñal nomeáranse hai anos varias rúas de Canide cos nomes de Palestina, Hebrón, Jericó Sabrá, Yinin e Gaza, convertíndose nunha homenaxe permanente a tan significados lugares.

Agora, quen fora líder da Organización para a Liberación de Palestina, un home de paz que loitou pola dignidade do seu país e tentou desde a súa xuventude ata o último momento da súa vida poñer razón no conflito de Oriente Próximo, ten unha nova homenaxe nas nosas rúas. Arafat, Premio Nóbel da Paz, foi morto en estranas circunstancias; segundo apuntan todos os inicios, enveleñado polos seus nemigos.

O rueiro de Oleiros reflicte con numerosos exemplos un xeito de entender o mundo convulso no que vivimos. Lonxe de ensimismarnos na nosa cómoda realidade, botamos a mirada ao horizonte, vemos quen sofre o acoso dos poderosos, e facemos nosa a súa voz. 

Homenaxes universais que conviven coa toponimia tradicional e outros moitos nomes de rúas que fan deste municipio un lugar singular, incluso na súa identidade territorial, da que os nomes dos lugares forman parte inmaterial.

Comparte esta nova!