Aprobada por unanimidade a moción para a revalorización do paseo do Mero

A conservación e a funcionalidade do paseo fluvial puxo en acordo á totalidade da coorporación municipal de Cambre, que aprobou por unanimidade a moción presentada por Alternativa.

A moción mantívose a debate a pesar da recente noticia publicada pola Xunta de Galicia que anunciou unha inversión de 900.000 € para o ámbito, xa que a actuación integral proposta podería incorporarse directamente a este proxecto autonómico.

Así o asegurou a alcaldesa que se comprometeu a trasladar á Xunta de Galicia as iniciativas recollidas na moción, que inclúen mantemento de infraestruturas, dinamización educativa, sociocultural e turística, así como a creación de un área de lecer, entre outros puntos.

Dende Alternativa dos Veciños anúnciase que seguirán con atención os avances do proxecto e os diferentes procesos administrativos asociados a súa execución. Raúl Varela sinala que “hai disposición, confiamos que se estudien as propostas por se fose preciso aumentar a partida orzamentaria.”

Comparte esta nova!