Aprobada a proposta de Alternativa de préstamo de locais municipais

O goberno municipal aceptou a proposta tomando o compromiso de incluír o servizo na ordenanza municipal que regula o uso das instalacións municipais.

A proposta de Alternativa para que a veciñanza poida usar espazos municipais para celebrar as súas propias actividades, reunións familiares, aniversarios,etc. foi aceptada polo goberno municipal.

Alternativa presentou esta iniciativa dando voz a moita veciñanza de Cambre, principalmente das zonas máis urbanas, que demandaba este servizo instaurado dende fai anos en concellos limítrofes.

Dende Alternativa celebramos este paso adiante na democratización dos edificios municipais, así como a optimización do seu uso. E tomamos o compromiso de propoñer un texto para a modificación da ordenanza que regula o uso destos espazos.

Comparte esta nova!