As obras no ámbito rural deben ser prioritarias para financiar a través do Plan Único de Concello, de tal xeito que vaia mitigándose a diferencia de calidade de vida nestes dous tipos de contornas. O Pleno municipal do xoves, 6 de febreiro, debatirá sobre as obras que se solicitarán á Deputación.
Alternativa dos Veciños aposta por destinar o financiamento dese programa a parroquias situadas nas zonas do rural, escoitando deste xeito a petición da veciñanza que reclama un desagravio comparativo entre o os núcleos urbanos e os rurais.
Unha vez se nos deu traslado do listado de obras que estaban en disposición de poder optar o POS; así o fixemos saber apostando polo Saneamento da Parroquia de Boedo, pola Rehabilitación de pavimentos e acondicionamento de servizos de diferentes estradas da Parroquia de Almeiras, rematar o acondicionamento das rúas de Tarrío, o arranxo do pavimento de Castro Laxe, así como a tan demandado pola veciñanza, pleno tras pleno, rehabilitación de pavimentos das Rúa de Río Chan e Rúa Canceán.
Alternativa seguirá traballando para que outras obras xa propostas polo noso grupo municipal saian adiente e por conseguir que o saneamento sexa unha realidade en todas as parroquias do Concello.