Apoio ao encontro pola defensa do ensino público

A cita, organizada pola Anpa Rosalía de Castro Tarrío, consisitirá nunha asemblea aberta e mesa redonda para a comunidade educativa e celebrarase esta tarde ás 18,00 horas no Edificio de Servizos Múltiples.

Alternativa amosa o seu apoio ao encontro pola defensa do ensino público organizado pola ANPA, animando á participación de familias, docentes y alumnado. 

O evento ten por obxectivo abrir un espazo de reflexión e sumar forzas arredor da defensa dun sistema público de calidade. A Anpa subliña a necesidade de traballar de maneira conxunta para avanzar nas reivindicacións do ensino publico, convertendo este encontro nun punto de conexión e intercambio da comunicade educativa. 

Desde Alternativa animan a participación de familias, profesorado e alumnado, destacando a importancia de xerar espazos de diálogo e encontro como este entre a veciñanza.

Comparte esta nova!