Apertura das Casas da Mocidade de Oleiros, en Santa Cruz e Montrove

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Apertura das Casas da Mocidade de Oleiros, en Santa Cruz e Montrove

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Desde o luns 9 de novembro terán abertas as súas portas dúas novas Casas da Mocidade, totalmente equipadas, concebidas para conformar novas alternativas para o ocio e o lecer da mocidade de todo o municipio. Todos os mozos e mozas maiores de 14 anos poden visitar, coñecer e comezar a usar estes locais, de luns a sábado en horario de tarde.

O Concello contratou unha empresa por 2 anos e por importe de 209.330 euros para que realice a dinamización dos centros informar e fomentar a participación e promoción social e cultural da mocidade. Tamén haberá un punto de información xuvenil en cada recinto.

Estas actividades desenvolveranse no centro Portaberta de Santa Cruz, na rúa Daniel Castelao, e na Escola das Pedras, onde se atopaba a antiga sede do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil, na estrada que vai de Perillo a Montrove. En ambos casos, as instalacións foron reformadas e adaptadas.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!