Antonio Patiño será o candidato de Alternativa dos Veciños en Arteixo

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Antonio Patiño será o candidato de Alternativa dos Veciños en Arteixo

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Antonio Patiño Pérez foi presentado por Ángel García Seoane, presidente de Alternativa dos Veciños, como cabeza de lista no concello de Arteixo. Patiño Pérez, que foi funcionario do servizo público de emprego e subdirector provincial do INEM durante 20 anos, estivo desde a súa xuventude vencellado ao movemento veciñal de Arteixo. Foi un dos fundadores da Asociación de Veciños Ponte dos Brozos e impulsou tamén a candidatura veciñal que se presentou ás eleccións municipais.

Alternativa dos Veciños preséntase en Arteixo para loitar por un cambio nas políticas de despilfarro económico que practica o actual Goberno local. O Partido Popular, amparado na opulencia económica do presente, está a hipotecar o futuro do municipio.

Once anos despois de contratar a redacción do Plan Xeral, o Concello de Arteixo segue sen contar con esa carta magna coa que se poderían frear o desenvolvemento urbanístico caótico e a degradación da paisaxe e do medio ambiente. “Que intereses existen para que sigamos agardando polo Plan desde o 2008, cando houbo e hai gobernos con maioría”, comentou Patiño.

“Arteixo conta cunhas posibilidades moi grandes, a día de hoxe dispón de importantes recursos económicos, pero están a xestionarse pensando exclusivamente no curto prazo. Alternativa dos Veciños, con Antonio Patiño e un amplo colectivo de homes e mulleres, vai loitar para que se produza o cambio radical que se necesita en Arteixo no ámbito social, cultural, deportivo e medio ambiental”, comentou Ángel García Seoane.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!