Ante o abandono da Xunta dos portos de Mera e Santa Cruz, o Concello solicita a súa cesión

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Ante o abandono da Xunta dos portos de Mera e Santa Cruz, o Concello solicita a súa cesión

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O alcalde, Ángel García Seoane, reuniuse en Santiago coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, para denunciar a situación de deterioro e abandono na que se atopan os portos de Santa Cruz e Mera. O alcalde demandou a cesión de ambas infraestruturas ao Concello, previa restauración completa por parte da Consellería, unha petición que trasladará oficialmente por escrito proximamente.

Os portos de Santa Cruz e Mera atópanse integrados nos paseos marítimos de ambas localidades e perderon o seu uso pesqueiro. Na actualidade son utilizados para diferentes actividades de ocio relacionadas co mar e para paseo de veciños e visitantes.

Outro dos temas abordados polo alcalde neste encontro foi a finalización da vía Ártabra no acceso ao porto de Lorbé, pendente no seu último tramo de 200 metros da creación dun aparcadoiro. A conselleira informou que esta obra comezará proximamente e que tanto a Confraría de Pescadores como a depuradora de mariscos xa foron informadas desta actuación.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!